Os establecementos que participan son: A Funcional, A Maseira, A Rula, bar Acuario, bar restaurante A Farola, café-bar burguer Malaje, café-bar Llas, cafetería pastelería Anduriña, cafetería Xoyma, Casa Damián, cervexería Fina, cervexería Portovello, hostal O Norte, hotel restaurante Leyton, mesón O Tangarte, Náutico Centro Social, O Tangarte Mariñeiro, pizzería Xoiña, restaurante As Brasas, restaurante Costumes do Mar, restaurante Dandy e restaurante O Lar. Durante os tres días de celebración da festa os asistentes poderán degustar tapas afrodisíacas.
Entre todos os que acudan á cuarta festa da cociña afrodisíaca e entre todos os que ao longo destes días realicen as súas compras do día dos namorados en Foz sortearase unha fin de semana romántica para dúas persoas no Balneario da Toxa. O sorteo terá lugar o 21 de febreiro ás doce do mediodía a través de Radio Foz.