Site icon Crónica3.com A Mariña

MariñaPatrimonio presenta un libro de Rafael Quintía sobre a medicina tradicional galega

Foz, a 10 de febreiro de 2014.- O vindeiro sábado día 15 de febreiro ás 19:00h no CENIMA de Foz, terá lugar a presentación do novo libro do antropólogo Rafael Quintía Pereira, “Alicornio. O Poder do corno de unicornio na medicina tradicional galega”.

Nesta presentación, o autor falaranos dun dos animais míticos máis universais: O unicornio. Ó seu corno –o alicornio- atribúenselle dende a máis remota antigüidade propiedades sandadoras contra tódolos velenos e moitos máis prodixios.

En Galiza, a crenza nos poderes curativos do alicornio callou fondo converténdose a máxica hasta no amuleto por excelencia para curar o mal de pezoña e outras doenzas da pel.
Neste traballo etnográfico Rafael Quintía Pereira fai un extenso percorrido polo mundo do alicornio e as súas virtudes e ofrécenos unha viaxe na procura dalgúns dos poderosos alicornios que aínda están activos na nosa terra.

Rafael Quintía Pereira. Nado en Vigo no ano 1971 é licenciado en Antropoloxía Social e Cultural, así como licenciado en Ciencias Empresariais, escritor e músico tradicional.

Exit mobile version