Barreiros, 21 de febreiro de 2014. O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro será escenario o vindeiro 2 de marzo do Festival de Entroido que organiza o Concello, a través da Concellería de Cultura e Xuventude e da OMIX e coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta.
O Festival de Entroido será de 18 a 21 horas e contará coa animación do grupo Ni Fu Ni Fa. Haberá cancións con música en directo, bailes e desfiles de disfraces, xogos con pelotas xigantes, probas de habilidade, globoflexia e agasallos para os participantes. Ao Festival de Entroido de Barreiros tamén acudirán os cabezudos.
Desde o Concello animan “a todos os veciños e veciñas a acudir a esta cita e a disfrutar do festival que preparamos para este 2014”.