Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Foz manifesta o pesar da corporación municipal pola perda do párroco de Vilaronte natural de San Martiño

Foz, 24 de febreiro de 2014. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, asistiu este luns ao enterro do sacerdote Jesús Otero, que era o cura da parroquia de Vilaronte e nacera en San Martiño, onde foi soterrado. O rexedor municipal fixo público o pesar da corporación municipal focense por esta perda.

“A corporación municipal de Foz quere amosar o máis sentido pésame á familia de don Jesús, o cura de Vilaronte e tamén doutras moitas parroquias. Nacido en Foz, concretamente en San Martiño de Mondoñedo, e a verdade é que vamos botalo moito de menos porque era unha persoa moi afable no trato, con moito humor e moi agradable”, manifestou o alcalde.

Javier Castiñeira rematou dando “o máis sentido pésame a todos os fregueses das parroquias nas que estivo de cura don Jesús e sobre todo para a súa familia, posto que se vai botar moito en falta. Era unha persoa moi próxima, que estaba sempre cos seus veciños; era moi humilde e cubría un espazo moi grande. Don Jesús, nunca te olvidaremos”.

Exit mobile version