Barcia agradeceulle ó Club Ciclista Burela a súa iniciativa, na que se deron cita uns trescentos deportistas, e animou ós participantes a volver a Burela e a difundir o valor da merluza do pincho nos seus puntos de orixe.
O alcalde burelés manifestou que “esta forma de promocionar Burela é unha fórmula importante e interesante, que creo que hai que apoiar en próximas edicións. O mundo do deporte é un mundo vivo, que se debe aproveitar para difundir os recursos que temos en Burela, e esta iniciativa mestura con intelixencia a práctica deportiva coa promoción do que somos e temos”.