Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde socialista do Valadouro responde ás críticas de Lamela

Lamento profundamente que “coa que está caendo” a política municipal no Valadouro se instale da man do Sr Lamela e o PP na parcela do “todo vale”.

Seguramente esto se debe á desorientación e desubicación que supón verse na oposición despois de 25 anos gobernando, nos cales practicaron reiteradamente o que hoxe critican, e non me estou a referir ao cobro de asistencias, senon a facilitar información, entre outras cousas.

O Sr. Lamela ten acceso a calquer documento do Concello, e todos os dias 5 de cada mes pode acudir a consultar os rexistros, etc, etc, Todo o contrario de cando era él alcalde, que nunca facilitou os expedientes solicitados pola oposición, como por exemplo o correspondente a compra dun solarcito a carón do paseo fluvial, polo que pagou 50.000 euros.

O Sr. Lamela desde que está na oposición, preocupase solamente de atacar e facer dano ós seus rivais políticos, esquecéndose dos problemas dos ciudadáns, incluso dos veciños da sua propia parroquia , onde se investiron mais de 200.000 euros nos 4 km de aglomerado dende Ferreira ata Recaré, na carretera da Deputación, que forman parte dos preto de 500.000 que eu mencionei.

Eu son un home tranquilo, o fillo dun pobre , que non fixen outra cousa na miña vida que traballar e traballar. Con o fruto do meu traballo vou pagando o que debo, a ver si desempeño o que teño.

POIDO TER METIDO A PATA, PERO NUNCA METO A MAN
Acepto calquer debate político, sempre que sexa dende o respecto a dignidade e honradez das persoas, pero nunca aceptarei debates centrados nas descalificacións persoais ou insultos.

Por unha vez e sin que sirva de precedente vou decir que non acepto que me tilde de “pesetero” aquel que perdeu a Alcaldia de Valadouro por non rebaixarse o soldo, pois si o baixase ó que eu cobro, poderia completar a lexislatura ainda que fose cun presuposto prorrogado. “ Hai quen ve antes a palla no ollo alleo que a viga no propio”.

Non sei si o Sr. Lamela actua de “mal fé “ ou e que non se entera da misa a medias. O artigo 75 da ley 7/1985 no seu punto 3 dice, efectivamente, que os cargos con dedicación exclusiva non poden percibir asistencias, citando textualmente: “ pola concurrencia efectiva as sesions dos organos colegiados da Corporación de que formen parte”.

Neste caso quen paga é o Concello de Ourol, non o de Valadouro. Nin o Sr. Lamela nin eu somos quen de fiscalizar as contas do Concello de Ourol, a disposición do cal me puxen inmediatamente a traveso de conversación telefónica con o seu 1º Tenente de Alcalde para depurar esta absurda e atípica situación. Se existe algunha dúbida ó respeto, o importe ingresado por Ourol, se devolve, e punto.

Aproveito para pedir disculpas ó Concello de Ourol, con o que mantemos unha magnifica relación, como vos veciños que somos e que está a dar moi bos frutos para os ciudadanos de ambolos dous Concellos.

No tocante aos recursos de ambito legal, que motivaron numerosos viaxes a Lugo os Servizos Xuridicos da Deputación, ( gratuitos ), digo que o primeiro xa foi contra o Pleno do debate da moción de censura, o que foi condeado o PP a pagar as costas do xuicio por obrar de mala fé. Outro é o da moción de censura, que está visto para sentencia. Logo trataron de impugnar os presupostos do 2013, pero fixerono fóra de prazo, “outra gran acción de Lamela”. Depois pediron a revisión de oficio. En fin, todo esto fixo necesario unha serie de informes xurídicos que fixeron perder un monton de tempo que se deberia estar dedicando a solucionar problemas dos veciños, a meu modo de ver, moito mais importantes.

En canto ó Goberno Municipal, recórdolle a Lamela que no Valadouro non existe ningun “tripartito”, existe un goberno en minoria, que logra sacar os asuntos a diante grazas a sua capacidade de dialogo, algo que Lamela non soupo facer nunca.

Espero que os veciños de Valadouro den cumprida conta da actitude e meritos do Sr. Lamela no momento oportuno.

En O Valadouro a 27 de febreiro de 2014.

Edmundo Maseda Maseda, Alcalde.

Exit mobile version