Agora, despois de varios temporais despois, poden observarse moitos máis troncos, chegando a unha situación na que a propia ponte corre risco de derrubamento, xa que varias árbores están presionando e batendo (axudadas pola propia corrente, moi forte nestes días) os alicerces da estrutura, podendo chegar a derrubala.
“É urxente que o Concello de Alfoz se dirixa a Augas da Galiza e describa a situación, para evitar o derrubamento da ponte, xa que se as institucións non se implican decontado, é posíbel que a devandita ponte non ature o inverno todo”, segundo considera Alfredo Freire, responsable local do BNG Alfoz – Valadouro