Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG pide solucións para un veciño de Muras que leva dúas semanas vivindo nun caixeiro

A Mariña, 25 de febreiro de 2014. O BNG da Mariña denuncia a situación dun veciño de Muras, en concreto da Parroquia da Balsa, que dende fai dúas semanas viuse obrigado a durmir nun caixeiro da capitalidade municipal. Os nacionalistas denuncian que esta persoa levaba arredor de dous ano nunha vivenda cedida polo concello nas vivendas sociais do municipio pero sen coñecer os motivos, dende fai días viuse obrigado a durmir nun caixeiro. Anuncian que pedirán explicacións ao alcalde nun pleno ordinario que se celebra esta semana, interesándose polo procedemento administrativo seguido polo goberno local tanto para a cesión da vivenda na que residía ate fai dúas semanas e os motivos polos que agora busca acubillo nun caixeiro da localidade.

O BNG pide solucións urxentes para un veciño de Muras que leva dúas semanas acubillado nun caixeiro da localidade, sen que o goberno local lle buscara solución ate o momento. A fronte nacionalista demandará do alcalde explicacións no pleno que se celebrará o próximo xoves no concello e preguntará pola tramitación administrativa do concello para cederlle nos últimos dous anos unha vivenda de propiedade municipal e os motivos polos que agora se ve obrigado a durmir nun caixeiro.

Dende o BNG non entenden como é posíbel que habendo unha vivenda de propiedade municipal para situacións de emerxencia como esta, o concello non fai os tramites necesarios para darlle uso, moito menos cando esta persoa xa fixo uso nos últimos dous desa vivenda.

Ao BNG cónstalle que o alcalde, Issam Algnam, conta cun informe dos servizos sociais municipais para dar solución ao problema pero descoñecen si se lle dou ou non tramitación. Urxen por tanto a unha solución inmediata a este problema e reclaman do alcalde que arbitre as medidas necesarias para evitar que esta persoa, orixinaria da Parroquia da Balsa, non pase un día mais nesta situación.

Exit mobile version