Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS inicia a andaina na Copa Xuvenil e este domingo coa Azkar Lugo (Vista Alegre, 12.30 horas)

O Burela FS Pescados Rubén inicia a súa andaina na Copa Nacional Xuvenil este domingo, coa visita do Azkar Lugo a Vista Alegre (12.30 horas), vixente campión de liga.

Xunto a transportistas e laranxas, no Grupo Norte da competición tamén estará integrado o Vilalba FS. No Sur participarán Noia FS, Santiago Futsal, ADFS Bueu e IES Coruxo.

Os burelistas, que remataron a competición regular na terceira praza, mediranse aos rivais do seu grupo nunha primeira fase de liga que se prolongará ata o 27 de abril, distribuída en seis xornadas. Para as semifinais, previstas entre o 11 de maio e o 1 de xuño, clasificaranse os dous primeiros de cada grupo, que deberán pelexar a dobre volta polo pase á gran final (8 de xuño).

Exit mobile version