José Manuel Vázquez puido coñecer máis de preto a preparación e dinámica do actual campión de Liga e Copa de España, polo que a empresa Galipizza&Cia aposta co seu patrocinio dende comezos de tempada, e compartir inquedanzas, obxectivos e soños futbolísticos con xogadoras e corpo técnico.
Dende A Mariña, con sede en Viveiro e Ribadeo, Galipizza comezou a súa expansión coa súa nova casa en Culleredo (A Coruña), que tivo unha excelente acollida para esta nova e deliciosa visión da pizza. Galipizza basea o seu éxito na calidade da materia prima de Galicia, para fusionala con novos produtos presentando sabores orixinais que enxalzan a variedade e riqueza da gastronomía autóctona.
En www.galipizza.com descubrirás o apetitoso universo de Galipizza&Cia.