O seu deseño, innovador e diferenciado notablemente do de anos anteriores, sitúa ao ourizo sobre un fondo branco, que simula unha mesa preparada para degustar o produto. O estilo é sinxelo e limpo, e aproxímase aos trazos de certos estilos de cómic. En canto ás cores, sobre o xa mencionado fondo branco resalta o negro do ourizo, salpicado de tons azuis que simbolizan o mar, e laranxas, que reproducen a cor característica do interior do ourizo.
Un cartel no que se quixo plasmar ademais a textura rugosa das gónadas, especialmente a través das letras que anuncian a Festa do Ourizo. Ao mesmo tempo, tamén se pretendía dar o protagonismo do cartel ao ourizo, concedéndolle a parte central do espazo e un tamaño predominante.
“Es un honor para el Concello recibir este segundo premio, que valora la calidad artística y creativa de los carteles que anuncian fiestas gastronómicas” asegura a edil de Turismo, Begoña Alonso, que aproveita para agradecer este reconocimiento. “Estamos muy contentos de que nuestro trabajo por elaborar un cartel atractivo para promocionar nuestra fiesta obtenga la consideración del jurado” e máis “teniendo en cuenta que esta es la primera vez que participamos en Xantar”.
A edil aproveitou para felicitar ao Concello de Burela, que resultou gañador do primeiro premio co cartel da Feira do Bonito. “Estamos muy satisfechos de que los dos primeros premios hayan recaído en carteles que promocionan dos fiestas de la Mariña tan relevantes”. Alonso destaca que en ambos caso trátase de festas relacionadas con produtos do mar. Ademais, asegura que premios coma este “sirven para poner en valor nuestras fiestas y son una forma más de darlas a conocer”.