Site icon Crónica3.com A Mariña

O CIM de Viveiro proxectará un documental no IES María Sarmiento no Día Internacional da Muller 2014

CARTEL OLLAMOS A REALIDADEO CIM de Viveiro organiza diversas actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller 2014.

O venres 7 de marzo proxectarase o documental “Ollamos a realidade” dirixido ao alumnado de 2º de ESO do IES María Sarmiento, no salón de actos do centro educativo dende as 10.10 ás 11.00 para os grupos A e B e dende as 11.30 e 12.20 para os grupos C e D.

E o sábado 8 de marzo organiza un cea-baile de irmandade no restaurante Louzao ás dez da noite. As tarxetas deberán recollerse, previo abono de 35 euros, no propio restaurante antes do 6 de marzo.

Exit mobile version