Site icon Crónica3.com A Mariña

O Club Natación de Xove celebra o seu 25 aniversario cunha exhibición e unha cea-baile

ultima_grupoO Club de Natación de Xove cumpre 25 anos este xoves 20 de febreiro e para celebralo organiza unha competición/ exhibición na que participarán nadadores da Mariña e nadadores do CNXove. Será o domingo 8 de marzo a partir das 16.30 horas no piscina municipal.

Posteriormente, ás 21.30 horas, celebrarase unha cea-baile no restaurante Louzao aberta á participación dos interesados en asistir. O prezo da actividade é de 26 euros para os adultos e 13 para os nenos e nenas. Os interesados en inscribirse poden facelo a través do teléfono 619 39 39 51 ou no enderezo electrónico clubnatacionxove@yahoo.es.

Exit mobile version