Site icon Crónica3.com A Mariña

O CSI-F pide un cambio na xefatura da Alúmina tralos “desastrosos” resultados

“Como era de sospeitar, as perdas da pranta de Alúmina disparáronse de forma escandalosa, en gran parte motivada polas demoras dos barcos que o CSI-F xa denunciou o ano pasado que se estaban producindo e que case se cuadriplicaron con relación aos anos anteriores”, asegura José Manuel Piñar Quesada.

“Isto é so responsabilidade da xefatura da pranta por manter as materias primas en stocks mínimos ata o punto de que durante varios meses o caos foi total no Porto de ALCOA, chegándose á situación de ter que enviar un barco a media carga porque se necesitaba o muelle para outras operacións máis urxentes”, continúa.

Así mesmo, dende o CSI-F denuncian que “se está realizando gran presión sobre os mandos para que non reclamen o cobro das inxentes horas extras que se están vendo obrigados a realizar. Tamén se destituíu ó Xefe de Operacións do Puerto cando foi un dos que máis traballou por arranxar o desorde organizativo provocado pola xefatura da Planta. Así mesmo, puxéronse controladores duran 4 días a 24 horas diarias xunto ós operadores da grúa para influenciar coa súa presenza o aumento da descarga dos barcos, e todo isto para que ó final os cartos os leven os donos dos barcos que estiveron fondeados”.

“Os bos resultados da planta de Aluminio, salva o resultado final das dúas prantas de San Cibrao”, afirma Piñar Quesda. “A actual xefatura de Alúmina vai polo sétimo ano de xestión e salta á vista que é necesario un cambio, máis aínda cando ALCOA suele cambiar a xefatura das súas prantas cada dous anos para, desta forma, permitir aplicar novas iniciativas”.

Exit mobile version