En total son 50 as persoas que se beneficiarán desta Escola de Columna repartidas en cinco grupos. As clases mañá serán de 8:15 a 9:15 horas, de 9:15 a 10:15 horas e de 10:15 a 11:15 horas. Xa o mércores terán lugar de 19 a 20 horas e de 20 a 21 horas.
O salón de actos da Casa do Concello enchéuse de xente para escoitar ao Doutor Knapp. Persoal do seu equipo viaxará máis adiante a Burela para realizar un seguimento dos cursos que se impartirán. Diana Durán lembra que “con esta nova iniciativa social igualámonos a dúas grandes cidades galegas: A Coruña e Santiago, que tamén ofrecen este programa de carácter terapéutico e preventivo e no que se educa para tonificar a musculatura das costas. Trátase dunha selección moi especial de execicios que procuran rehabilitar as estruturas que máis sufriron a falta de movemento”.
A presentación e charla da mañá deste luns foi un éxito, segundo a concelleira de Sanidade e Servizos Sociais.