Site icon Crónica3.com A Mariña

O europarlamentario Sánchez Presedo explicará a participación do PSOE na reforma da Política Pesqueira Común, na que faenan 180 floteis mariñáns

socialistas-xornadapescaBURELA, 19 DE FEBREIRO.- O secretario de Medio Rural –Horacio Rouco-, o deputado autonómico e voceiro de Pesca no Parlamento de Galicia -José Ramón Val Alonso-, acompañados de voceiros do PSOE na Mariña, presentaron este mércores a xornada informativa, organizada polo Partido Socialista: “A reforma pesqueira na Unión Europea”, que se desenvolverá este venres, a partires das 20:30 horas, no salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela.

Con esta iniciativa, que se enmarca dentro do programa de mesas sectoriais que a nova executiva provincial iniciou en xaneiro coa reforma da Política Agraria Común, os socialistas pretenden dar continuidade ó obxectivo de coñecer as fortalezas e debilidades dos principais sectores produtivos da provincia para deseñar un plan de traballo conxunto que permita impulsar a provincia social e economicamente. Neste caso concreto, achegarán posturas sobre a nova normativa pesqueira que entrou en vigor este mesmo ano, e substitúe á de 2002.

Deste xeito, o encontro, que estará moderado por González Santín e clausurado polo líder dos socialistas galegos –José Ramón Gómez Besteiro- contará coas intervencións dos deputados no Parlamentos europeos e galego, Antolín Sánchez Presedo e José Ramón Val. A presentación correrá a cargo do secretario de Medio Rural.

A xornada está aberta a todo o público en xeral, e inclúe unha visita dos poñentes á lonxa desta localidade, ás 18:00 horas, na que os socialistas comprobarán o funcionamento desta importante plataforma pesqueira, pois nela descargan a súa mercadoría o maior número de buques rexistrados na Mariña luguesa.

Aportacións decisivas do Partido Socialista
O Partido Socialista participou activamente no proceso negociador desta estratexia comunitaria. Concretamente, presentou un total de 172 emendas co fin de que esta reforma “non fose traumática para o sector e de que non tivese un impacto moi negativo dende o punto de vista socioeconómico para Galicia e para A Mariña”. E é que o sector pesqueiro xera 35.600 millóns de ingresos na UE e dá traballo a 310.00 persoas, das que 138.500 pertencen só ó grupo das capturas.

Así mesmo, Galicia é hoxe a primeira potencia pesqueira de España e de Europa. Na nosa Comunidade teñen porto base o 5,52% dos buques da Unión e o 42,9% dos españois. Son, preciasamente, as pezas fundamentais dun mecanismo que move a máis de 40.000 persoas que viven do sector marítimo-pesqueiro galego, indicou Rouco. Só na Mariña, hai unhas 2.000 persoas afiliadas a este reximen.

Segundo o Rexistro de 2013 de buques da Comunidade Autónoma (http://www.pescadegalicia.com/Publicaciones/CDRBG2013/) a Mariña conta con 186 floteis, dos que 77 están en Burela; 66 en Celeiro; 7 en Foz; 8 en O Vicedo; 8 en Ribadeo; 16 en San Cibrao; e 4 en Viveiro. Suman un arqueo de 27.306 GT (siglas en inglés que significan toneladas brutas) e unha potencia de máis de 56.700 cabalos a vapor. Isto supón que Lugo conta co 4,06% da frota galega. A Coruña posúe o 50,45% e, Pontevedra, o 45,49% (http://www.pescadegalicia.com/Publicaciones/CDRBG2013/Informes/1.2.1.html).

Os datos demostran, destacaron os socialistas, que “estamos a falar dun sector estratéxico para a nosa provincia”, pois segundo as mesmas fontes, as catro lonxas rexistraron a principios de ano unha venda de máis de 3 millóns de quilos; o que supuxo un volume de negocio que supera os 12 millóns de euros (http://www.pescadegalicia.com/)

Cuestións que se abordarán na xornadaPolítica da Xunta de Galicia
Asimesmo, tal e como explicou Val Alonso, no encontro tamén se exporá a política levada a cabo pola Xunta de Galicia neste eido, referida á fixación de cotas e descartes; á redución orzamentaria aplicada polo Partido Popular que, só na partida de investigación para reducir os custos empresariais das empresas pesqueiras, o recorte ascende ó 50%, pasando de 85 millóns de euros en 2013 a 45 millóns en 2014; e analizarase “o afán privatizador” do Executivo de Feijóo nas políticas de salvamento marítimo, manifestado na venda dos helicópteros de titularidade autonómica a unha entidade privada “a prezo de saldo”, e coa aprobación do decreto 130/12 de 31 de maio, a través do que se establecen os prezos polo servizo de salvamento, onde non se exime de pagar ós profesionais do mar en caso de teren que ser rescatados.

Exit mobile version