Site icon Crónica3.com A Mariña

O forte temporal do mar ocasionou destrozos en Rinlo, Esteiro e Os Bloques

020214 Foto temporal Os BloquesRibadeo, 2 de febreiro de 2014. As mareas vivas das últimas horas e o forte temporal rexistrado no litoral ocasionaron varias incidencias en Rinlo, en Esteiro e nos Bloques.

O alcalde, Fernando Suárez, acaba de sinalar que “no paseo de Rinlo hai baldosas arrincadas pola forza da auga ao igual que un pontigo de madeira. Na praia dos Bloques, en Ribadeo mesmo, tamén hai danos no paseo nesa zona. Na praia de Porto, antes de Os Castros, a auga estragou a estrada e en Esteiro o mar tamén causou destrozos en todo o entorno”.

Este luns será o momento de facer unha avaliación máis polo miúdo do acontecido en Ribadeo.

Exit mobile version