“Como é habitual todos os anos, a Xunta de Cofradías organiza o Pregón da Semana Santa, poñendo gran ilusión en traer como pregoeiros a personalidades que, dalgunha maneira, den o prestixio que a Semana Maior merece”.
Este ano de maneira especial tiñamos que conseguir unha persoa que cumprise este obxectivo, dado que se celebra a Primeira Semana Santa de Interese Turístico Internacional que, ademais, coincide co 800 aniversario da chegada dos Franciscanos a Viveiro e a visita de San Francisco a Santiago. Polo tanto, dende a Xunta de Cofradías “puxemos o listón moi alto e pensamos nunha persoa que reunise estas dúas condicións, e quen mellor que o que foi Ministro Xeneral dos Franciscanos ata o ano pasado e cun currículo que define a Categoría de MONSEÑOR FRAY JOSE RODRIGUEZ CARBALLO, pregoeiro da Semana Santa de Viveiro de Interese Turístico Internacional 2014”.
Monseñor aceptou a invitación “a pesar das múltiples tarefas que a súa axenda lle depara e salvando a gran distancia que nos separa, pero que os viveirenses saberemos agradecer”.
Traballo da Xunta de Cofradías
A Xunta de Cofradías traballa en total armonía e con tesón por parte das oito que a integran, para conseguir que a nosa Semana Santa siga o lema dunha delas “¡SIEMPRE MÁS Y SIEMPRE MEJOR¡”
Monseñor Fray José Rodríguez Carballo
Monseñor Fray José Rodríguez Carballo O.F.M. (Lodoselo – Ourense, 11 de agosto de 1953), foi Ministro General da Orde de Frailes Menores dende o ano 2003 ata abril de 2013. En 2003 foi elixido ó servizo de Ministro General sucedendo no cargo a Fray Giacomo Bini, OFM (1997-2003). Actualmente é Arzobispo titular de Belcastro e secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica, nomeado en 2013 polo papa Francisco.
Entrou á Orde de Frailes Menores, iniciando o seu noviciado o 31 de xullo de 1970, e fixo os seus primeiros votos o 9 de agosto de 1971.
Desenvolveu dentro da súa orde os seguintes servizos:
– Secretario xeral para a Formación e os Estudos;
– Ministro da Provincia de Santiago de Compostela (España);
– Presidente da Unión dos Frailes Menores de Europa;
– Maestro dos relixiosos en período de formación.
Foi tamén Presidente da Conferencia de Relixiosos de Galicia de 1989 a 1997. Ademais, entre 1997 e 2003, foi designado Definidor General da Orde Franciscana.
O 5 de xuño de 2003 no Capítulo General da Orde Franciscana reunido na Porciúncula, 180 Padres Capitulares en representación dos Frailes de todo o mundo, elixírono como 119° Ministro General, o Cardenal Jorge Arturo Medina Estévez que participou designado polo Papa Juan Pablo II foi quen lle fixo entrega dos Sellos da Orde.
No ano 2009, foi reelixido para un novo sexenio no 187° Capítulo General da Orde, actuando esta vez como delegado do Papa Benedicto XVI, o Cardenal Jose Saraiva Martins.
O 7 de agosto de 2004, o Papa Juan Pablo II nomeouno xunto ó Cardenal Julián Herranz Casado membros da Congregación para a Evanxelización dos Pobos, e como tal participou nos Sínodos dos Obispos de 2005, 2008, 2010 e 2012.
O 6 de abril de 2013 é nomeado Secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica e Arzobispo titular de Belcastro polo papa Francisco. Foi consagrado obispo o 18 de maio polo Cardeal Tarcisio Bertone na Catedral de Santiago.
Ten unha licenciatura en Sagrada Escritura polo Instituto Bíblico de Roma e en Teoloxía Bíblica en Jerusalén. Exerceu de profesor no Seminario Maior de Vigo e na Facultade de Teoloxía de Santiago.