Rodríguez chegaba a Budapest despois dun parón por unha lesión de periostitis na súa perna esquera, polo que o seu rendemento era unha incógnita despois de varias sesións de masoterapia e fisioterapia. A competición desenvolveuse en dous tramos: o primeiro o sábado onde os pentatletas realizaban as probas de natación, esgrima e hípica.
Na primeira xornada o deportista mariñán conseguiu pasar o corte nunha magnífica quinta posición tras unha boa natación co novo modelo de “Arena” en cuxa proba foi cuarto e saldando a esgrima tamén cunha gran actuación que o situaba no primeiro corte e que se viu refrendada tras unha boa hípica onde realizou limpo o percorrido, a pesar dunha pequena penalización por excederse catro segundos de tempo.
Así as cousas, a xornada do domingo daba comezo cunha temperatura exterior de oito graos negativos, realizandose a proba combinada que auna as especialidades de tiro e carreira ás 14.00 horas. Rodríguez tivo que empregarse a fondo durante todo o percorrido para poder manterse no TOP 10. O obxectivo cumpriuse na última volta na que saíu a correr con Marosi, actual Medalla de Bronce Olímpico e ex-campión mundial; xa que Rodríguez aguantou o ritmo infernal de Magiar tendo que ceder a falta de 200 metros cunha chegada en sprint que o situaba nunha sobresaínte novena posición. Así, o Maestro de Espada, o húngaro Bondi Kovacts mostrábase satisfeito o mesmo que a dirección técnica da Federación Española e Galega nunha proba do máis alto nivel.