A CIG-Saúde lembra que para tomar esta decisión o SERGAS non tivo en conta a opinión das/os profesionais e a data prevista para o inicio dos procedementos de adxudicación, segundo o publicado no DOUE, é o 1 de marzo.
Os hospitais públicos do SERGAS contan cos certificados de calidade ISO 9001 que garante a excelencia e calidade do traballo. Este control dos estándares de calidade tamén se fai polos servizos de medicina preventiva dos hospitais. O conxunto do traballo e do control de calidade é prestado por persoal sanitario (TCAEs, enfermeiras/os e médicas/os) e se isto pasa a mans dunha empresa privada tal e como vén de confirmarse.
Ao pasar o servizo a mans privadas encarecerase todo o proceso, xa que o material tería que ser trasladado en camións blindados, con sistemas que preserven un determinado nivel de humidade. De non ser así, o traslado deste material contaminado, en medios de transporte convencionais sería un risco para a poboación.
Tanto a CIG-Saúde como as traballadoras e traballadores que prestan servizo nas unidades de esterilización dos hospitais públicos do Servizo Galego de Saúde exixen a súa paralización. Demandan da consellaría coherencia, xa que a conselleira “maniféstase como unha defensora da sanidade pública” e consideran que “está máis que demostrado que os servizos xestionados directamente polo SERGAS presentan maior calidade e eficiencia”.