Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP censura que “a Deputación de Lugo descoñeza a situación real dos municipios e do seu patrimonio”

Lugo 25 de febreiro de 2014.- A Deputación de Lugo evidenciou este martes o descoñecemento que ten sobre a realidade dos concellos da provincia e, en especial, sobre a situación na que se atopan os bens inmobles de Lugo.

Os populares fan estas declaracións logo de que o PSOE presentara una iniciativa para a posta en valor do patrimonio autonómico e estatal cando na exposición de motivos citaba edificos que teñen ben enfocado o seu futuro, que, en moitos casos, xa están revertidos aos concellos e que incluso non son titularidade da administración á que fan referencia.

A voceira dos populares, Elena Candia, acusou aos socialistas “de nin tan sequera falar cos seus alcaldes, nin cos seus veciños ata o punto de descoñecer o que teñen ao lado da porta”. “Non sabemos se se trata dun mal pacto de goberno”, matizou Candia, dado que Cultura é responsabilidade do BNG na Deputación de Lugo.

O PSOE na súa exposición de motivos cita como edificios infrautilizados o Centro Comarcal de Mondoñedo cando acaba de ser revertido ao Concello, ou a Casa Sindical de Portomarín que adquirirá en breve o concello tras un acordo e que ten perfectamente definido o seu destino.

Os populares solicitaron a retirada da exposición de motivos e como posicionamento en defensa da conservación do patrimonio provincial; dende o GPP apoiaron a proposta presentada polo PSOE, pese a tratarse dunha iniciativa “oportunista, e que reflexa a reducción en cultura por parte da Deputación de Lugo”.

O PP reclamara a posta en valor do patrimonio da Deputación
Os populares tacharon esta iniciativa de oportunista, xa que naceu como continuidade á moción presentada polos populares no pleno de xaneiro e na que esixían un plan de posta en valor dos edificios de titularidade da Deputación.

Daquela o PP manifestara que se traían calquera proposta para mellorar a calidade de vida dos lucenses “atoparían o brazo traballador do PP”, e así o puxeron de manifesto co voto a favor desta iniciativa, pese a que dende a Deputación de Lugo “non están lexitimados para falar de conservación do patrimonio lucense”.

A voceira dos populares refiriu a unha reducción nos orzamentos da Deputación de ata un 14% en promoción cultural, ou de máis dun 23% en administración xeral de Cultura.

Deste xeito queda de manifesto a falta de compromiso do PSOE e do BNG na Deputación que non só esperan a que o PP presente unha iniciativa para preocuparse do estado do patrimonio galego, senón que tamén o descoñecen ademais de ter “a osadía de falar de partidismo na propia iniciativa, cando aproban un plan de emprego que só chega a 12 concellos dos 67 da provincia, e só un do PP”.

Exit mobile version