Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP denuncia que “o bipartito de Riotorto vulnera a Lei da Administración Local posto que percibe dúas dedicacións exclusivas cando só lle corresponde recibir unha”

Riotorto 28 de febreiro de 2013.- O Partido Popular de Riotorto denunciou este venres os incumprimentos por parte do Goberno local deste municipio mariñán, posto que está a incumprir a Lei da Administración Local (Ley 27/2013, 27 decembro, de racionalización e sostenibilidade da Administración Local).

Denuncian os populares que rexedor e tenente de alcalde, están a percibir, cada un, unha dedicación exclusiva cando ao Concello de Riotorto lle corresponde percibir tan só unha debido ao número de habitantes.

“Debido ao número de habitantes cos que conta Riotorto, tan só lle corresponde percibir unha dedicación exclusiva”- manifestan os populares, quen denuncian que sen embargo o bipartito “sáltase a torera a Lei” e, rexedor e tenente de alcalde, reciben, cada un, a súa.

Manifesta o PP de Riotorto que “o tenente de alcalde, recibe 21.000 de xeito ilegal cando estamos a falar dun señor que ten 65 anos e o que debería facer e irse para a súa casa, cobrar unha pensión e deixar de cobrar do Concello e deixar de beneficiarse cos cartos de tódolos veciños do municipio”.

Conclúen os populares lamentando que “o Señor Gutiérrez Estoa se dedicase a andar por fóra, denunciando, pregonando e alertando a meirande parte da poboación con falsidades en asuntos que nin tan sequera lle competían, cando, dentro, está a vulnerar e a incumprir ordenanzas, coma a de Axuda no Fogar, posto que existe un requirimento da Xunta que ten que devolver 37.000 euros do Plan concertado do ano 2011”.

Exit mobile version