
Rocío González e Lucía Regueiro compoñen o elenco artístico da peza ‘O príncipe e o parrulo’ que a Rede Galega de Teatros e Auditorios achega a Viveiro o sábado 15 de febreiro. Esta peza de monicreques de 55 minutos de duración está dirixida a nenos e nenas maiores de 3 anos e conta unha pequena historia que só precisa dun castelo, unha árbore e unha casa para ser contada. ‘O príncipe e o parrulo’, de Javi Tirado e Jokin Oregi dirixida por Alex Díaz, conta a historai de dous pequenos personaxes que descobren que non hai nada tan divertido como ter alguén con quen compartir, con quen xogar. Decátanse que non hai nada tan grande coma un amigo.