Ribadeo, 13 de febreiro de 2014. Once parellas disfrutarán este vemres doutras tantas ceas de San Valentín, grazas ao sorteo realizado este xoves por ACISA entre todas as persoas que realizaron as súas compras nas últimas semanas nos locais asociados.
A cea no restaurante Marinero correspondeulle a Alba Pérez, tras unha compra efectuada en Pequerrechos. A cena en O Lar de Manolo é para Eva Rubal, que realizou unha compra en carnicería Sexto na praza de abastos. Isabel López foi a agraciada cunha cea en O Forno, despois de que esta ribadense fixera unha compra en Toñita Peques. No acto celebrado este xoves nas instalacións de ACISA sorteouse unha cea no restaurante San Miguel que foi para Anabel Arias, que comprou en frutería alimentación A Mariña. A cea en O Tumbín foi para Andrés Redondo, que acudiu a efectuar unha compra á ferretería Domínguez. En La Villa disfrutará a súa cea Arturo Álvarez, que cubriu a súa papeleta en Alandrina Tours. En A Quinta ceará Margarita Vargas, tras facer unha compra en Farfala. A cea de A Dorada do Cantábrico correspondeulle a Ángela Vázquez, que fixo unha compra en Mika. A cea do Parador de Turismo disfrutaráa Eva Magadán, que cubriu a súa papeleta en Petite Poupée. Adelina López resultou agraciada coa cena no restaurante Voar, tras acudir a Imagen 365. E Daniel Fernández disfrutará da súa velada de San Valentín no restaurante O Cabazo, tras efectuar unha compra en Deportes O’Neal.