
O domingo celebrouse na cidade da Coruña, o Campeonato de España de Media Maratón de Veteranos, donde o clube vivariense acadou dous subcampeonatos por equipos nas categorías de M-45 e M-55. En M-45 o equipo estaba composto por Andrés Piñón, Ricardo Álvarez, Juan Menéndez e Emilio Martínez; en M-55 compoñían o equipo: Emilio Toral, Jose Luis Meizoso, Antonio Hernández, Eliseo López, Fernando Ramos e Antonio Cabana. O equipo femenino de F-35 rematou na sexta posición sendo as súas componentes: María Luísa López, Pamela Rodríguez, Manuela Guisasola e Begoña de Arriba.
No apartado individual rozaron o pódium: Emilio Martínez en M-50, que foi cuarto; os seus compañeiros Antonio Hernández en M-65 e Antonio Cabana en M-70 tamén remataron na misma posición nas súas respectivas categorías.
No apartado femenino: Begoña de Arriba rematou en cuarta posición en F-55 e a súa compañeira Manuela Guisasola en F-50 rematou en quinta posición.