Site icon Crónica3.com A Mariña

Os facultativos do Hospital da Costa lamentan “a evidente carencia de información da Consellería”

Os facultatvos do Hospital da Costa lamentan a evidente carencia de información da Consellería
con respecto á atención sanitaria da Mariña. O descoñecemento que teñen en Santiago da
situación real da nosa área é evidente, como dicimos, á vista das afirmacións publicadas este xoves, nas
que se rebatía o comunicado emitdo o mércores polos facultatvos.

Somos os usuarios da sanidade da Mariña, todos, e independentemente das ideas políticas de
cada un, os que estamos sufrindo as consecuencias dunha xestón sanitaria que está resultando
ser nefasta para a nosa comarca.

Consideramos que non paga a pena entrar en polémicas inútiles, xa que a realidade fala por sí soa,
e a desafortunada e predecible resposta da Consellería, tamén.

Exit mobile version