A vindeira fin de semana celébrase en Cambrils (Tarragona) o VII Campionato de España de tiro con Arco en sala para as categorías Cadete e menores de 14 anos.
Os irmáns Galante Briones serán os representantes do club de tiro con arco IADOVI de San Cibrao neste campionato.
Por unha banda, Gabriel Galante Briones, que estréase a nivel nacional na categoría cadete na modalidade de sala -xa que o ano pasado participou nas ligas nacionais en aire libre quedando en moi bo lugar-.
Ante os resultados acadados no Campionato Galego de Sala no que conseguiu 562 puntos e que nos enfrontamentos eliminatorios tan só unha frecha o relegou á segunda praza, cren dende o club que “é máis que probable que poda subir ó podio, se os nervios non o traizoan nas eliminatorias”.
E, por outra banda, o seu irmán Ángel tamén se estrea a nivel nacional na que será a súa presentación: o campionato para menores de 14 anos; xa que a pesar de asistir sempre como acompañante do seu irmán vivindo a competición dende a grada, agora é o momento de baixar ó campo de tiro.
Este ano Ángel tamén estrea categoría; sendo aínda alevín participará na categoría infantil (2 anos por riba da que lle corresponde). O seu obxectivo é coller experiencia para cando chegue á categoría infantil.