Site icon Crónica3.com A Mariña

Os populares de Viveiro interésanse polo estado “deficitario” da rúa Vila de Ortigueira, o saneamento de tres barrios e o derrube dun muro en Covas

Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á alcaldesa da Corporación, as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondente resposta, ben oral ou ben escrita.

1ª) No Pleno do 29/11/2012 este grupo municipal presentou unha pregunta relacionada coa rúa Vila de Ortigueira na parroquia de Covas, onde sinalábamos que faltaban tramos de beirarrúa por completar, así como o mal aspecto que presentaba pola abundancia de maleza e un alumeado público moi inferior ó das rúas contiguas, o que habería que sumarlle un firme moi deficitario. Por parte da Alcaldía respostábasenos que se tiña previsto reparar cando viñeran as máquinas da Deputación.

Ó día de hoxe a rúa Vila de Ortigueira segue nas mesmas malas condicións que por aquel entonces, por iso preguntamos unha vez máis:

• vai acometer o Goberno Local obras nesta Rua a corto plazo para rematar as beirarrúas, mellorar a súa limpeza , reparar o firme e mellorar o alumeado público actual?

2ª) No pleno do día 20/06/2013 este grupo municipal preguntaba a Alcaldia cando estaba previsto a posta en servicio do saneamento dos Barrios do Pontigo, Hermosende e Parraguesa da parroquia de Galdo, sendo a súa resposta que non había potencia suficiente , querendo Begasa que fose o Concello o que levase o reforzo de liña; por este motivo lle facemos as seguintes preguntas:

• Presentou o Goberno Local a Begasa o Boletín de enganche deste saneamento?
• Ten o Goberno local presuposto económico dalgunha empresa para facer o reforzo de línea eléctrica que esixe Begasa para facer dita obra?
• Se o ten, canto custa a obra en cuestión?
• Para cando teñen previsto a posta en servicio do saneamento dos Barrios do Pontigo , Parraguesa e Hermosende da parroquia de Galdo despois de levar anos acabada a obra civil?

3ª) O pasado día 1 de xaneiro, veciños do Barrio da Cruz da parroquia de Covas deron a voz de alerta pola caída dun muro de pedra duns 4 m, de largo por 2 ,5 de altura, muro que fai de peche dunna finca e dunha vivenda deshabitada. A zona foi acordoada por protección civil para previr calquer perigo debido a proximidade dunha rúa e a estreitez da mesma como consecuencia da caída deste muro, o que dificultaba a circulación de vehículos. A día de hoxe e motivado por este derrube, cedeu unha pequena parte do terreo da rúa onde se atopa o paso de canalizacions de alcantarillado da auga pública e privada. Na data actual e aparentemente, non se ten tomado ningunha decisión, nin actuado sobre este problema, co risco de que se produzan máis danos; por todo isto este grupo municipal formula as seguintes preguntas:

• ten coñecemento, despois de dous meses, da situación na que se encontra esta rúa no Barrio da Cruz?
• en caso afirmativo, que medidas se teñen tomado dende a caída do citado muro ata o día de hoxe?

Exit mobile version