O concelleiro popular de Viveiro, Jaime de Olano, ven de presentar varias preguntas para que sexan respondidas no vindeiro Pleno municipal.
Por unha banda interésase pola posta en marcha do servizo especial de autobús para estudantes universitarios do municipio que o grupo popular aplaudiu cando foi proposto no mes de outubro. Agora preguntan pola situación na que se atopa a iniciativa anunciada para “comezos de novembro como moi tarde”.
Así mesmo, os populares rexistraron outra pregunta sobre a resolución do contrato do Concello de Viveiro coa Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos. Dende o PP local queren saber cales foron os motivos da resolución, se foi solucionada esta “desagradable situación”, se foi asinado un novo contrato e en que condicións; ademais de querer saber que sistema utiliza o Concello para as súas comunicacións postais.