Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Burela cren que “o uso dos cartos de todos os veciños e veciñas debe facerse dende a responsabilidade e a racionalidade”

Despois da explicación que fai uns días facíamos dende o PSdeG-PSOE de Burela facíamos referente ós 20.000 euros que o equipo de “desgoberno” de Burela fixo en dietas e desprazamentos no ano 2013. Queremos seguir explicando e facendo público en que se gastan os cartos dos veciños e veciñas de Burela e que eles mesmos xulguen esta situación.

Queremos explicar que o equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela gastou no ano 2013, ademais dos 20.000 euros en dietas, outros 4.127,19 euros en comilonas e pinchos. Chama a atención que só nas festas de Burela se cepillaron por este concepto a cantidade de 2.160 euros (máis de 350.000 das antigas pesetas) en dous días, “isto é xestión e o demais son tonterías”. Entendemos que o Concello poida ter algún gasto de representación, a nosa dúbida é si os veciños e veciñas de Burela poden entender a desproporción que se está a facer no uso dos cartos do Concello por parte do equipo de “desgoberno” do Partido Popular.

Ademais disto aparecen facturas que chaman poderosamente a nosa atención, como pode ser unha dun restaurante por valor de 16,40 euros. A nosa pregunta é: ¿estamos os veciños e veciñas de Burela pagándolle os viños ó equipo de “desgoberno” de Burela?. Imos a ver si nos deixan enterarnos.

Noutro orde de cousas parece ser que aquel lema de El Padrino: “la familia es la familia”, foi acollido por parte desta xentiña e os gastos de librería que supón 9.295,17 euros (máis de un millón e medio das antigas pesetas), teñen a exclusividade de ser gastados na librería dunha familiar directa da Sra. Durán. Nós non imos a ser quen de cuestionar que isto sexa legal, pero cando menos parécenos pouco ético, como di o refrán: “a muller do César ademais de selo ten que parecelo”. Non queremos dicir con isto que non teña dereito a librería en cuestión a poder recibir compras do Concello, faltaría máis, pero nós pensamos que o resto de librerías tamén teñen dereito a que o Concello se acorde delas. Dende logo fraco favor lle está a facer a Sra. Durán á súa familia con estas prácticas.

Facemos público os datos para que cada quen saque as súas conclusións, nós temos claro que o uso dos cartos de todos os veciños e veciñas de Burela debe de facerse dende a responsabilidade e a racionalidade cousa que non están a demostrar os que nos gobernan.

Exit mobile version