Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Burela esixen ao goberno local que “explique ós veciños a súa postura sobre a situación da sanidade na Mariña”

Dende o PSdeG-PSOE de Burela queremos manifestar publicamente que despois das explicacións feitas públicas polos profesionais médicos do Hospital da Costa, e despois de que o Partido Popular de Burela votase en contra dunha moción presentada polo PSdeG-PSOE de Burela na que pedíamos unha Área de Xestión Sanitaria propia da Mariña ante o deterioro clamoroso que se está a ver no Hospital da Costa dende a súa integración na Área de Xestión Integrada Única en Lugo. Esixímoslle ó Partido Popular de Burela que explique publicamente ós veciños e veciñas de Burela, que recordamos é a quen se deben, a súa postura sobre a situación da sanidade na Mariña e si están de acordo có seu desmantelamento.

Para nós, que xa temos denunciado a situación crítica da sanidade na Mariña dende a integración do Hospital da Costa en Lugo en varias ocasións con exemplos concretos, esta é unha cuestión irrenunciable e o Partido Popular de Burela ten que explicar, sen ocultación de datos e sen esconderse si está do lado dos seus veciños e veciñas ou non. É un feito totalmente constatable que o Hospital da Costa está en proceso de descomposición, e non podemos entender como o Partido Popular de Burela non se posiciona de unha maneira inequívoca en contra desto. O Partido Popular de Burela defende a postura do seu partido político en contra dos intereses dos veciños e veciñas de Burela.
Xa adiantamos cal será a súa escusa, e seguramente en breve anunciarán o tan citado Plan Director para tentar agochar as súas miserias, pero tamén sabemos que os veciños e veciñas de Burela non van a caer na trampa de crer que o Plan Director vai a solucionar á problemática do Hospital da Costa.

Para o PSdeG-PSOE de Burela, tal e como relatan os profesionais, é moi triste que para cambiar un cartucho de tinta dunha impresora se teña que esperar a que se de o consentimento en Lugo, ou ó que é máis grave aínda, que a maquinaria do Hospital da Costa teña o servizo privatizado e sen ningún tipo de garantía, a non cobertura de prazas da plantilla, etc, etc, etc… ¿é esta a sanidade que o Partido Popular de Burela quere e desexa para os seus veciños e veciñas? ¿considera o Partido Popular de Burela ós seus veciños e veciñas como cidadáns de segunda ou de terceira?. Non nos pode coller na cabeza como o Partido Popular de Burela é capaz de deixar tirados ós seus veciños e veciñas nun tema de primeira necesidade como é a sanidade pública.

Dende o PSdeG-PSOE de Burela imos a seguir pedindo unha Área de Xestión Sanitaria propia da Mariña que garanta os servizos do Hospital da Costa, e vannos a atopar de fronte en todo aquilo que supoña a supresión de servizos ou a privatización dos mesmos. Non imos a consentir que nos desmantelen o noso Hospital nin que se lle quiten os servizos sanitarios que xa tiñan os veciños e veciñas de Burela.

Exit mobile version