Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Burela mostran a súa conformidade polo cambio das fotos do Porto, a pesar da “tardaza”

Dende o PSdeG-PSOE de Burela queremos manifestar a nosa conformidade á iniciativa recollida polo equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela ó tomar en consideración a reiterada proposta que lle fixemos tanto publicamente como nos Plenos Ordinarios do Concello de Burela de que se cambiaran as fotos colocadas polo anterior goberno municipal na zona do Porto. O estado de abandono na que se atopaban as antigas considerabámolas unha falla total de respeto ó sector pesqueiro do pobo, xa que precisamente se colocaran como un recoñecemento á xente do mar. Temos que recordar que este troco non lle custou un só euro ó Concello de Burela xa que os paneis que soportaban as fotos tiñan as fotos colocadas por ambos lados, coa previsión de que o paso do tempo puidera deterioralas, có que o único que se fixo é darlles a volta, tal e como solicitábamos. O que si temos que criticar é a tardanza coa que se fixo o cambio dende que o solicitamos.

Visto que o equipo de “desgoberno” do Partido Popular parece que comeza a escoitar ás propostas que se achegan dende a oposición, gustaríanos que se seguira nesta liña, o equipo de “desgoberno” de Burela ten moitas propostas enriba da mesa que pode atender, xa que nós o único que facemos é trasladar as queixas dos veciños e veciñas de Burela, como é a nosa obriga.

Noutra orde de cousas e visto que no día de hoxe, por fin, se abriron as instalacións de xogos no Parque Rosalía, no que supoñemos se arranxarían as deficiencias que presentaban ditas obras, é hora de que alguén explique publicamente canto nos vai a custar a “chapuza” feita nesta obra, e quen foi o responsable político da mesma. Pensamos que os veciños e veciñas despois de dous meses de espera merecen unha explicación e que alguén asuma a responsabilidade desta obra.

Este tipo de actuacións non fan máis que corroborar a nosa impresión de parálise total no Concello de Burela do que é protagonista o equipo de “desgoberno” que o dirixe.

Exit mobile version