A raíz deste retraso o PSdeG-PSOE de Burela preguntou no Pleno Ordinario por esta cuestión e ante a resposta con evasivas do Sr Barcia estivemos a informarnos dos motivos polos que esta obra aínda está pechada, e descubrimos que parece ser que esta obra non se abre por distintas irregularidades de seguridade na mesma. Segundo as nosas informacións parece que hai problemas coas homologacións dos xogos e os técnicos responsables de certificar a obra non autorizan a súa apertura por non cumprir coa normativa existente. Á vista destes feitos temos presentado unha solicitude no Concello para que se nos entregue toda a documentación relativa a esta obra, e de ser certas as sospeitas que temos, parécenos un tema gravísimo que ten que ter unha aclaración inmediata por parte do equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela.
Estes feitos non fan máis que demostrar a inaptitude e a desidia deste equipo de “desgoberno” que son incapaces de sacar ningún proxecto para diante. E o despropósito e maiúsculo xa que esta obra que custou preto de 36.000 euros xa foi pagada, e xa veremos cando se vai a poder abrir, si é que se poida abrir nas condicións nas que está.