Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Lugo denuncian que coa escasa suba das pensións, o PP “ataca cruelmente ós que máis o necesitan”

manifestacion-pensionsLUGO, 11 DE FEBREIRO.- Os secretarios de Economía e de Organización, Pilar García Porto e Carlos Ferreiro, respectivamente, participaron este martes na concentración convocada por UXT e CCOO en defensa das pensións. Deste xeito, os socialistas criticaron que, mentras estas prestacións se desvinculan do IPC, o prezo que pagan as persoas de máis de 65 anos da provincia polos seus medicamentos non o fai.

“É dicir, o Partido Popular volve a dar mostra de cales son as súas prioridades para saír da crise, atacando cruelmente ós que más o necesitan. Por iso, os socialistas quixemos estar con cada un dos pensionistas afectados. Esta é a política dos Gobernos do PP: que pague o que pode”, afirmaron García Porto e Carlos Ferreiro.

Así, o mesmo día, 30 de decembro, que o Boletín Oficial do Estado recolle unha revalorización das pensións do 0,25% para 2014, tamén se publica a aplicación da suba de prezos ó que este colectivo ten que facer fronte polo consumo de fármacos. En concreto, este tope mensual sube un 1,5%. É dicir, este aumento no custe dos medicamentos é seis veces maior que o incremento que experimenta a actualización das pensións.

Segundo esta orde, os pensionistas que, en Lugo son máis de 119.000, e que teñen unha renda menor a 18.000 euros pagan un máximo de 8,26 euros ó meses dende o 1 de Janeiro (ata agora eran 8,14 euros); para rendas de entre 18.000 a 10.000 euros ese límite é de 18,59 euros (18,32 en 2013); e, en ingresos superiores, o límite fíxase en 62 euros (61,08 no pasado exercicio). Véxase a seguinte táboa, elaborada a partir do Real Decreto-Lei aprobado polo Goberno Central:

Incremento pago de medicamentos

A partir de xaneiro Ata xaneiro de 2014
Traballadores cunnha renda inferior a 18.000 euros anuais 40% 40%
Traballadores cunha renda de entre 18.000 e 100.000 euros ó ano 50% 40%
Traballadores cunha renda superior a 100.000 euros 60% 40%
Xubilados cunha pensión contributiva inferior a 18.000 euros ó ano 10%, cun máximo de 8 euros ó mes 0%
Xubilados cunha pensión contributiva de entre 18.000 e 100.000 euros ó ano 10%, cun máximo de 18 euros ó mes 0%
Xubilados cunha pensión contributiva de máis de 100.000 euros ó ano 60%, cun límite de 60 euros ó mes 0%
Pensións non contributivas 0% 0%
Parados que non cobren subsidio de desemprego 0% 40%
Mutualistas e clases pasivas (funcionarios do Estado, Forzas Armadas…) 30% 30%

Estes límites de aportación tamén afectan ó máximo que se paga no envase dos fármacos de ATC de aportación reducida, aqueles cuxa aportación é do 10% e que inclúen os medicamentos de dispensación nas farmacias hospitalarias, e que xa pasaron a ser de pago o 1 de outubro. Para estes casos, o tope por envase é de 4,26 euros, cando ata o de agora o custe estaba fixado en 4,20 euros.

Exit mobile version