Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas súmanse ás concentracións de Alianza Social Galega porque “o PP desprazou sobre o cidadán o custo da crise”

LUGO, 25 DE FEBREIRO.- Os socialistas da provincia participarán activamente na tres concentracións convocadas para este xoves pola plataforma Alianza Social Galega na provincia. Deste xeito, baixo o lema “Por outra saída da crise”, distintos representante do PSOE lucense acudirán á manifestación de Lugo, que sairá da Ronda da Muralla, ás 20:00 horas; de Burela, que partirá da Praza do Concello, ás 19:30 horas; e á concentración de Monforte, que terá lugar ás 19:30 horas, na Praza de España.

Neste senso, os socialistas sumaranse á iniciativa de Alianza Social Galega porque “agora mesmo non hai ningún indicador que diga que a situación esté mellorando. Senón que llo pregunten ás máis 121.000 persoas en Galicia que non perciben ningún tipo de ingreso, que están no paro ou que xa esgotaron a prestación por desemprego”, afirma o secretario de Organización do PSOE provincial.

Deste xeito, Carlos Ferreiro subliña que “sen Educación, sen Sanidade e sen Servizos Sociais é imposible que un país se recupere. Co recorte das pensións, co desmantelemanto da ensinanza e da Sanidade públicas, coa privatización de servizos públicos municipais e o ataque ós dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, coa medidas que afectan aos autóomos, á reforma da lei hipotecaria, á desertización do rural…. como vai haber saída á crise?”, pregúntase.

“O PP desprazou sobre o cidadán o custo da crise”
Dende a chegada ao Goberno Central do Partido Popular, en novembro de 2011, o poder adquisitivo dos lucenses diminuíu drasticamente. As reformas económicas emprendidas polo PP tanto en Madrid como en Galicia, ademais de ser anticíclicas como defenden as teorías económicas, “desprazaron sobre o cidadán o custo da crise da que non é responsable”.

A desigualdade é unha realidade constatada por diferentes organismos como Eurostat, o que convida a pensar que, malia que se produza un crecemento económico en termos macro, a economía doméstica seguirá en absoluta recesión e xerando espirais de pobreza e exclusión social.

O secretario de Organización destaca que o Goberno do Partido Popular decidiu emendarse a si mesmo impoñendo o aumento dun imposto tan pouco selectivo como o IVE, elevándoo do 18% ao 21% no tipo xeral ata situalo por enriba da media europea. Ademais, esta taxa no eido cultural está a supoñer “a morte” de diferentes sectores económicos moi arraigados no país como o cine, a arte ou o teatro, ao pasar dun 8% a un 21%.

Ademais do incremento do IVE, o goberno do Partido Popular continuou coas subas indiscriminadas que atentaban contra todas as rendas como é o IRPF, subindo o tipo nun 0,75% para as persoas que teñan unha renda menor aos 17.707 euros, e do 7% aos que tivera unha renda superior aos 300.000 euros.

A esta medida antisocial, hai que sumar tamén o incremento do IBI levado a cabo por Mariano Rajoy para os anos 2012 e 2013, e que o Executivo decidiu prorrogar a 2014. Ademais, o Goberno esconde esta suba impoñendo aos concellos reverter nos seus veciños o encarecemento progresivo segundo valor catastral que, na actualidade, afecta a 25 millóns de inmobles.

A estes gravames insolidarios, que cargan rendas altas e baixas do mesmo xeito, hai que engadir o encarecemento de todos os servizos, xustificados nun suposto aforro do Estado e traducidos en pobreza para as familias. O repagamento sanitario que obriga a pagar medicamentos aos pensionistas, ou o repagamento da farmacia hospitalaria que clasifica aos doentes segundo o seu poder adquisitivo en lugar de pola súa enfermidade, súmanse medidas antisociais como a reforma das pensións que fará perder 8.000 millóns de euros aos xubilados galegos, ou o incremento das taxas universitarias que atenta directamente contra a igualdade de oportunidades, excluíndo enormes capas de poboación do acceso á formación.

Por último, a insensibilidade do Partido Popular quedou de manifesta, novamente, ao votar en contra de que as familias sen recursos poidan ter acceso á luz gratuíta nos meses de inverno a pesar do progresivo encarecemento do recibo da luz. En 2013 a luz subiu ata catro veces, chegando ata un aumento medio dun 3,1%, que disparou o pagamento dun ben de primeira necesidade aos 800 euros anuais de media nos fogares españois, e que sitúa o custo da electricidade en España como o terceiro máis caro de Europa.

“O goberno antisocial de Feijóo”
En Galicia, ademais de sufrir a perda de poder adquisitivo da clase media, “o Goberno antisocial de Feijóo está a minar os petos dos galegos con impostos pouco selectivos que comprometen o benestar social. O chamado falsamente céntimo sanitario incrementou dende xaneiro o litro de carburante en case 5 céntimos sen ter en conta a renda do condutor”.

Ademais, afirma Ferreiro, Feijóo manipula a planta municipal galega, utilizando os Concellos “como parapeto para aplicar as súas subas”. O canon da auga ou o recentemente aprobado incremento do canon de SOGAMA, disparan os gastos fixos que unha familia ten que abordar sen consideración da renda que perciban, se é que se percibe algunha.

“Cada vez son máis as familias con todos os membros no paro, e a taxa de desemprego continúa crecendo máis en Galicia que no resto de España, mentres o desgoberno de Feijóo segue recortando as partidas dos presupostos dedicadas á creación de emprego a pesar de ser a única administración competente e con recursos para palialo”, concluíu.

Exit mobile version