Site icon Crónica3.com A Mariña

Os xuvenís laranxas rematan a Liga Nacional no podio

bfs-xuvenilnacional1314O Burela FS Xuvenil rematou o seu periplo na Liga Nacional ostentando o terceiro posto do podio con 33 puntos tras a vitoria fronte ao Vilalba FS (5-2). O título foi conquistado polo Azkar Lugo FS, con 36 puntos, avantaxando en ‘golaverage’ ao Santiago Futsal.

A Liga Autonómica tamén trouxo bos resultados para os representantes laranxas, con 3-0 en Cadetes fronte ao ADFS Bueu e 2-0 para os Infantís ante Os Meigallos FS.

A escola burelá viviu unha xornada goleadora en Deporte Escolar. Impuxéronse os alevíns ás Escolas Celeiro Xove por 1-10; o Cadete A tamén fixo valer a súa afinación na pista da EDM Riotorto (2-7), igual ca os Benxamíns, que gañaron ao AD Praia de Covas (2-3). No duelo cento por cento laranxa o electrónico decantouse polo Infantil A fronte ao C (6-3). O único que non puido puntuar foi o Cadete B, que caeu co Cidade de Viveiro (1-4).

Os máis pequenos tamén tiveron bo ollo para facerse cos puntos no final da primeira volta da Liga Prebenxamín da Mariña, na visita da EDM Cervo (6-3).

En amigables, o conxunto xuvenil sucumbiu á Selección Galega Cadete (1-3).

Liga Nacional Xuvenil
CD Burela FS 5-2 Vilalba FS

Liga Autonómica Cadete
CD Burela FS 3-0 ADFS Bueu

Liga Autonómica InfantilDeporte Escolar
EDM Riotorto Cadete 2-7 CD Burela FS Cadete A

CD Burela FS Cadete B 1-4 CFS Cidade de Viveiro Cadete

ED Burela FS Infantil A 6-3 ED Burela FS Infantil

Escolas Celeiro Xove FS Alevín B 1-10 ED Burela FS Alevín

AD Praia de Covas Benxamín 2-3 ED Burela FS Benxamín

Liga Prebenxamín da Mariña
ED Burela FS 6-3 EDM Cervo (Prebenxamín 1)

Amigables
CD Burela FS Xuvenil Provincial 1-3 Selección Galega Cadete

Exit mobile version