Antigamente a poesía foi escrita para ser cantada, e unha característica da mesma é o ritmo e a musicalidade; por eso as dúas – música e poesía – marchan tan unidas, ó punto de que a segunda represéntase por unha lira, que é instrumento musical.
Para lograr esta cadencia nas composicións escríbese respectando a métrica, a rima e o ritmo ; coidase a selección das palabras, o son e a medida; unha arte que ven cultivándose desde os lonxanos tempos do Mester de Clerecía.
O poemario que promove a Biblioteca de Foz ten un sinalado éxito e nel participan xentes de ambos sexos e dun amplo abano de idades, nas distintas categorías. Cabe mentar que no conxunto, a participación femenina é moi superior á masculina, como adoita suceder en toda actividade de tipo inlelectual, social ou artística. Descoñecemos as razóns da abstención masculina entre a mocidade, pero ocúrresenos preguntar : ¿será que na sociedade actual, tan convulsa, en boa medida depredadora de valores tradicionais, o amor está deixando de ser cousa de homes….? ¡Meigas fóra!
Suso Fernández