Site icon Crónica3.com A Mariña

Publicación dun Decreto da Alcaldía de Ribadeo sobre a venda ambulante na rúa Rodríguez Murias

A Alcaldía publica un decreto relativo á ordenanza municipal reguladora da praza de abastos, mercadiños e venda ambulante. Dito decreto refírese ao mercado de artesanía na rúa Rodríguez Murias adicado á venda ambulante de artesanía polo miúdo e no que indica que dito mercado terá dúas tempadas distintas, non podendo obter autorización para a mesma quen figure coma debedor de taxas municipais de tempadas anteriores.

Nese decreto o alcalde resolve: Fixar un prazo de quince días para a presentación de solicitudes para os postos existentes nesta rúa tras a publicación da ordenanza reguladora. A asignación realizarse segundo estricto ode de entrada no Rexistro Municipal. Publicar esta resolución no taboleiro de anuncios deste Concello e na web municipal durante un prazo de quince días a contar desde a exposición desta resolución.

Exit mobile version