Site icon Crónica3.com A Mariña

Raquel Arias visitou as instalacións da Oficina Municipal de Información Xuvenil de Barreiros

Barreiros, 11 de febreiro de 2014. A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, visitou este martes as instalacións da Oficina Municipal de Información Xuvenil de Barreiros.

Segundo explicou o alcalde, Alfonso Fuente, “a delegada quixo coñecer de preto as actividades que ven realizando a OMIX, e coas que a Xunta colabora cunha partida de 3.000 euros. Alí tramítanse o carné xove e tamén os bono bus dos que se poden beneficiar os estudantes do noso concello. Raquel Arias achegouse deste xeito un pouco máis ao funcionamento deste servizo e despois aproveitou para visitar tamén a biblioteca municipal”.

Na súa visita á OMIX Raquel Arias estivo acompañada polo rexedor e polo tenente de alcalde, José Manuel Gómez Puente.

Exit mobile version