Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo acolle a proxección dun documental sobre Celso Emilio Ferreiro

UN OLLO DE VIDRO, a sección de cultura ribadense dedicada ó audiovisual, convida a ver no Teatro o documental ‘102 testemuñas de aniversario’ sobre unha das figura fulcrais da nosa cultura, Celso Emilio Ferreiro, da man do colectivo ARRAIANOS. A obra chega á Casa das Letras de Ribadeo o venres 21 de febreiro a partir das 20.30 horas avalada por premios nacionais e internacionais e será presentada polo seu director e guionista, Aser Álvarez, e Plácido Romero, axudante de dirección e coordinador do DVD.

Exit mobile version