O vindeiro sábado 22 de febreiro a Asociación Pasada das Cabras vai facer a ruta do Mazo do Meredo en Piantón – Vegadeo que se suspendera no seu día por motivo da climatoloxía. A saída será ás 8 da mañá da Estación de Autobuses de Burela. O prezo é de 25 euros para os socios e de 30 para os non socios, inclúe autobús e comida en Casa Jano o Menú degustación. Para anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes os xoves día 20.