De que lle serven ao Concello ter TRES MILLÓNS DE EUROS aforrados se non podemos empregalos para investir e mellorar servizos? De que valen as talladas que meten e as subas de bens de servizo no Concello? Porque a xente pensa que os do PP, sexa a nivel local ou estatal, son bos xestores por aforrar e non gastar? Pois xa se ve…
Xovenses, un concello non é coma unha familia, nun concello hai que gastar o presuposto anual, investilo e facer o ben para o pobo, sexa en infraestructuras, en servizos ou tentando atraer empresas ao noso carón, porque se non se gasta, o que pensan os de enriba é que ao ano seguinte non nos fan falla, porque como non se gastaron os do ano pasado… Non cren que con eses tres millóns de euros se podería facer algo rechamante para asentar alguna empresa no noso concello e crear postos de traballo dos que a xente está falta?
Xa o escribín ahí un ano pero volvereino repetir: Alcoa non vai durar sempre e compre estar preparado para cando peche, ter un tecido empresarial alternativo creado para cando chegue ese momento.
Saúde, Carlos do Cristo