Site icon Crónica3.com A Mariña

Tarde de derbis para os de Lucas

bfsb-pista13O Burela FS Pescados Rubén B abrirá este sábado unha tarde de derbis en Vista Alegre (16.00 horas). A Terceira División acollerá a 17ª xornada entre os laranxas e o Superti A Pontenova, un apetitoso duelo mariñán como antesala da pugna galega de Primeira División RFEF, coa visita do Valdetires Ferrol FSF (18.30 horas).

Á convocatoria de Lucas poderán volver Bruno de Nois e Brais, recuperados das súas respectivas lesións. Quen aínda non poderá estar será Antón Couto, cunha lesión de clavícula; tampouco poderá participar na cita Manu Jiménez, sancionado cun partido de suspensión tras a dobre amarela da semana pasada na Estrada.

O Burela FS chega ao encontro na sétima praza, con 23 puntos, fronte á undécima do rival, con 17 puntos. “Como en calquera derbi, a motivación será a gran protagonista na cita” adiantaba Lucas, prognosticando un partido moi diferente ao da primeira volta, que caeu do lado pontenovés (5-3), polos cambios nas filas rivais: “Dende finais de ano están ás ordes de Suso Rey e tamén tiveron baixas como Solla e Carlos”. “Fáltalles algo de profundidade de banco pero están facendo un bo xogo; veñen de empatar ao Santiago Futsal (3-3) nun partido moi rifado” advertía o técnico mariñán.

Exit mobile version