Site icon Crónica3.com A Mariña

Un grupo de 40 nenos e nenas dos CEIP barreirenses participaron este xoves nun obradoiro de cartas de amor

Barreiros, 20 de febreiro de 2014. Corenta nenos e as nenas de 2º e 3º ciclo de primaria dos CEIP de San Cosme de Barreiros e de San Miguel de Reinante participaron este xoves nun obradoiro de cartas de amor.

A actividade está enmarcada dentro das organizadas para previr a violencia de xénero que se levan a cabo desde a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta. Segundo explica a educadora familiar do Concello barreirense, Vanesa Fernández, “deste obradoiro destaca o desenvolvemento e difusión de proxectos e materiais didácticos actualizados, dirixidos a todos os niveis educativos, que conteñan pautas de condutas que transmitan valores de respecto e de igualdade, de xeito que se favoreza a prevención de actitudes e situacións violentas”.

Os alumnos e alumnas tamén tiveron a posibilidade de tomar contacto coa exposición Cartas de amor: 15 artistas contra a violencia de xénero, que estes días se puido ver en Barreiros.

Exit mobile version