Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha exposición fotográfica promocionará en Barcelona a Semana Santa de Viveiro

A Xunta de Cofradías de Viveiro fai partícipes da Semana Santa de Viveiro a outras cidades a través dunha exposición fotográfica itinerante que se achega tamén a entidades tanto a nivel nacional como internacional.

Dende o pasado ano a mostra permanece en Barcelona; xa que o xerente do Centro Gallego, Manuel Carrete, así o solicitou trala boa acollida da primeira exposición celebrada no Centro Gallego “muy valorada por personalidades de diferentes ámbitos, de diferentes autonomías y representantes de Galicia”.

A nova andadura vai ter lugar na “Casal Civic Magoria” da Gran Vía de Les Corts Catalanes, a partir deste xoves 20 de febreiro que será inaugurada ás 18.30 horas.

Para a Xunta de Cofradías isto é un paso máis entre os seus quefaceres en pro da difusión a nivel Nacional e Intenacional da Semana Santa de Viveiro que “creemos se verá reflejado en esta próxima edición de 2014”.

Exit mobile version