Site icon Crónica3.com A Mariña

Vaise César Aja?

O dicen os papes, a bombo e platillo: César Aja Mariño dejará de ser el día 8 de febrero el presidente del PP de Viveiro, tras 30 años en el cargo, y no optará a la alcaldía en las próximas elecciones municipales. El dirigente popular apeló a la dedicación que le exige su puesto de delegado en Galicia del grupo Tragsa para su abandono de la primera línea de la política. Los militantes decidirán en un congreso extraordinario quién será su sucesor al frente del partido”.

Si iso fose certo, si Cesar Aja Mariño deixase a política, eu propoñería á blogosfera de esquerdas, que habela haina e en abundancia, todo un festival como celebración de tamaña noticia.

E é que nalgún medio deses de cotilleo, que tamén habelos haylos, comentaban que Cesar aja Mariño cobraba de esa empresa do estado, recorden o estado somos todos, 118.000 euros o ano netos, con nomeamento a dedo en disputada “consecución” por algun ex conselleiro incluido.

Recórdolles que O Grupo Tragsa é un holding público de orixe española de empresas especializadas na prestación de servizos de urxencia, accións en beneficio do desenvolvemento rural e da conservación da natureza. Tragsa é matriz dun grupo empresarial constituído polas sociedades filiales: Tecnoloxías e Servizos Agrarios, S.A. (Tragsatec). Produción e Tecnoloxía de Prefabricados (PTP). Cytasa, en Paraguay. Actualmente atópase inmerso nun proceso de ERE, onde se vai a despedir a mais de 1200 traballadores. Cando ustedes encontran a persoas limpando os terraplens e cunetas de as autobias eses señores estan as ordes de Cesar Aja.

As linguas da vila comentaban que co soldo de profesor de medias Aja sempre se queixaba de non chegar a fin de mes, pobreciño, a bó seguro que Aja recibira a proposta cun enorme sorriso. En verdade, Cesar Aja non é experta en sorrisos, pero digamos que unha dos seus muecas foi interpretada como tal, cando recibiu a noticia.

Tamén, e seguindo as mesmas fontes, ao parecer está aburrida da súa vida política porque limitase a ir a plenos, redactar algun articulito con moi mala leite e tratar asuntos menores e el non está para semellantes zarandexas.

En todo caso, a noticia gustoulle e deuse tempo para meditalo, din que os de arriba insistiron ano si a ano tamen en que o deixara. Quizais non fose inmediata a súa decisión, quizais tomou un prazo duns meses para aceptalo. Pero só pensar que deixa a presidencia do PP, non a concelleria é motivo de xolgorio e festexo.

Volvamos á noticia de hoxe e si non me creen vaian as fontes e léan vostedes mesmos. Verán como os comentaristas desta noticia están case de loito porque son admiradores “a matar” do Aja e parécelles que nunca houbo na historia mellor político andante.

Xa ven o que son as cousas e cuán diferentes somos os uns dos outros. Puf! menos mal.

Otero Regal.

Exit mobile version