Site icon Crónica3.com A Mariña

Voluntarios de Alcoa pintan a fachada da Asociación de Veciños de Lieiro

Voluntarios Alcoa San Cibrao pintan este venres 28 de febrero a sede da Asociación de Veciños de Lieiro, organización que recibe ademais 3.000 dólares da Fundación Alcoa que donará, como mostra do respaldo da compañía a esta iniciativa solidaria dos seus traballadores.

Os voluntarios pintarán a fachada e demás paredes exteriores da sede social da asociación veciñal e plantarán árbores ornamentais nos xardíns que rodean o local, que tamén crearon en 2012 voluntarios de Alcoa e veciños de Lieiro.

A Asociación de Veciños de Lieiro foi creada en 1977, conta con 60 socios, veciños da parroquia de San Cibrao. Na súa sede social realiza actividades culturais e lúdicas, como ensaios do grupo de teatro, como visitas a museos e exposicións, cursos de informática, campionatos de xogos populares, ademais de outras accións en beneficio da comunidade.

Exit mobile version