Voluntarios de Alcoa San Cibrao realizan este xoves 13 de febreiro as obras necesarias para reformar a canalización de augas residuais da sede da Asociación de Amas de Casa Alborada de San Cibrao. Fundación Alcoa respalda esta iniciativa dos traballadores da fábrica, unha vez máis, cunha aportación de 3.000 dólares a dita organización.
Os voluntarios construirán a nova canalización dende a arqueta de recollida ata o pozo de rexistro situado no exterior e anularán o vertido á arqueta existente no interior do local. Para iso, terán que picar o pavimento, abrir zanxas, instalar o tendido e as conexións da nova canalización, que se conectará á súa vez á rede municipal de recollida de augas residuais. Os traballos contan coa correspondiente licencia de obra e o apoio do Concello de Cervo.
As melloras da rede de saneamento do local revirten na comunidade de San Cibrao dado que nas dependencias se desenvolven cursos de artesanías, informática, cociña, actividades deportivas e charlas informativas, entre outras actividades.
A Asociación Alborada de San Cibrao é unha organización independente que realiza actividades sociais, culturais, deportivas e de información sobre a saúde e alimentación, e colabora co concello de Cervo en actividades relacionadas ou dirixidas á muller.
Fundación Alcoa susténtase dos seus propios activos financeiros e non dos beneficios de Alcoa. O seu principal obxectivo é mellorar a calidade de vida nas comunidades nas que a compañía está presente. Alcoa promove e respalda o voluntariado solidario e a acción social na comunidade dos seus empregados, para o que cuenta con programas específicos, os plans Acción, Bravo e Alcoans in Motion.