Este sábado día 15 terá lugar unha Xornada de Skate para a mocidade, que se inclúe nos Pasatempos de Inverno do Concello de Cervo. O prazo de inscrición remata este xoves, e pode realizarse na Casa da Cultura e no teléfono 691 65 66 00. Dirixida a mozos a partir de 12 anos, inclúe un curso con circuítos de skate, un taller de chapas e gorras, unha charla de seguridade e un encontro de música. As actividades organizadas pola concellería de Xuventude desenvolveranse entre as 17.00 a 20.00 horas na praza dos Campos e de 20.00 a 21.00 horas na Casa do Mar.