Na Liga Sénior Masculina non houbo sorpresas finais na categoría; aínda que a Francisco Pérez faltoulle moi pouco para arrebatarlle a terceira posición na táboa a José Vigo. A segunda posición na tirada obtida por Francisco non foi suficiente para acceder ao caixón, pero si lle permitiu avanzar unha posición, quedando 4º, en detrimento de Sócrates Campo que finalmente foi 5º.
ALEX MEITÍN SERANTES | 156 ptos | 1º | Trofeo e premio de 200 euros |
J. RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 134 ptos | 2º | Trofeo e premio de 150 euros |
JOSE VIGO LAGE | 96 pts | 3º | Trofeo e premio de 100 euros |
Nesta categoría recibiron premio en metálico e trofeo os 12 primeiros clasificados: Álex Meitín, José Rafael González, José Vigo, Francisco Pérez, Sócrates Campo, Arturo Vigo, José Manuel Cociña, Cristian Rodríguez, Luis Rancaño, Moisés Rodríguez, Jaime Álvarez e Jordi Meitín.
E o Trofeo á Mellor Bolada do Campionato (trofeo e 50 euros de premio) foi para Francisco Pérez cunha bolada de 101 puntos obtida no Campo de Palmeiro o pasado 11 de xaneiro.
Maiores de 60 anos.- Dentro da Liga Senior Masculina, esta temporada e por segunda vez, tiña un apartado con premios ós tres séniors maiores de 60 anos que quedaran mellor clasificados na xeral. Neste caso, dentro dos maiores de 60 anos, a clasificación quedou así:
José González Bermúdez | 5 ptos | 1º | Trofeo e premio de 75 euros |
Arturo Rodríguez Baño | 2 ptos | 2º | Trofeo e premio de 50 euros |
Modesto Albo Vidal | 2 ptos | 3º | Trofeo e premio de 25 euros |
Por último, salientar o TROFEO Ó XOGADOR MÁIS VETERANO, que un ano máis, e esperemos que sexan moitos máis, recaeu en MODESTO ALBO VIDAL, que o vindeiro mes cumplirá 85 anos.
Para a temporada vindeira esperamos nesta categoría a Salomé Cardoso, dúas veces campioa da Liga Sub 18 e que a partires da agora, ao cumprir os 18, deberá disputar a Liga Sénior Feminina. Tamén esperamos para esta temporada a dobre campioa Carmen Roca, poda volver competir en toda a temporada.
BELÉN MEITÍN ROUCO | 92 ptos | 1º | Trofeo e premio de 90 euros |
DOLORES BAÑO FRAGA | 53 ptos | 2º | Trofeo e premio de 75 euros |
PAULA CAMPO SUÁREZ | 46 ptos | 3º | Trofeo e premio de 50 euros |
En canto ó Trofeo á Mellor Bolada do Campionato (trofeo e 50 euros de premio), foi para Belén Meitín cunha bolada de 72 puntos obtida na no campo de Palmeiro o pasado 11 de xaneiro.
DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 73 ptos | 1º | Trofeo e premio de 90 euros |
SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 62 ptos | 2º | Trofeo e premio de 75 euros |
MIGUEL LÓPEZ FORMOSO | 50 ptos | 3º | Trofeo e premio de 50 euros |
En canto ó Trofeo á Mellor Bolada do Campionato (trofeo e 50 euros de premio), foi para Daniel López cunha bolada de 71 puntos obtida na no Campo de Palmeiro o pasado 11 de xaneiro.
O Concello, encargado da súa organización, agradece novamente a colaboración do IES Illa de Sarón, e máis concretamente, do Departamento de Educación Física que dirixe Xabi Bouza.